O bibliotecario recomenda

IMG_20190925_150600417

Nosotros en la noche, de Kent Haruf (Random House, 2016)

Unha pequena novela inspiradora, desas que quedan durante moito tempo dando voltas na cabeza. A propia historia do libro ten tela. Despois de que, en febreiro de 2014, e con setenta e un anos, os médicos lle diagnosticaran pouco tempo de vida, Haruf logrou reunir folgos para escribir a súa última novela. Tivo tempo de traballar na edición do libro ata que en novembro dese mesmo ano, xusto despois de entregar as derradeiras correccións, faleceu.

O relato tamén trata dun epílogo, pero sen traxedias, e mesmo con algunhas pinceladas de humor. Louis e Addie levan gran parte da súa vida sendo veciños nunha tranquila localidade de Colorado. Ambos enviuvaron fai anos e acaban de chegar ás portas de vellez, polo que acostumáronse a estar sós, sobre todo nas horas máis difíciles da noite. Pero Addie non está disposta a conformarse. Un  día, con toda a naturalidade, chántase na porta do veciño e lle pregunta se quere durmir algunha noite con ela. Pouco a pouco irán descubríndose un ao outro, a pesar das faladeiras dos veciños e a incomprensión dos seus propios fillos. Un relato delicioso e sublime.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s