Contacontos sobre o bullying

comoaxudo

Volven á biblioteca as sesións de animación á lectura da Contateca. Este xoves 3 de outubro ás 18:00, actuará a compañía Biosbardos coa función Como axudo a Antón?

Como axudo a Antón? é unha sesión temática sobre o bullying. A actividade se desenvolve en dúas partes: unha primeira onde se conta a historia, e unha segunda onde haberá un pequeno debate sobre o tema, onde os nenos e nenas califican o comportamento das personaxes do conto cunhas tarxetas vermellas ou verdes. Entre todas e todos intentaremos correxir os feitos que non nos gustan.

Entrada libre ata completar aforo
Duración: 60 min.
Idade recomendada: 6-12 anos


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s