Cheo no curso para falar en público

publico

Cheo total no Curso para aprender a falar en público… e ampla listaxe de espera. Vinte porriñesas e porriñeses participarán nesta actividade formativa organizada pola biblioteca, que se celebrará no mes de outubro, os venres de 17:30 a 20:00 horas. Trátase dunha actividade dirixida a todas as persoas que desexen mellorar a súa capacidade comunicativa ante gruposou para quen necesite expoñer traballos finais de carreira, ante xuntas directivas, etc.

Llerena-PerozoA actividade estará guiada por Llerena Perozo Porteiro (Vigo, 1974), especialista en teoría e práctica da comunicación, e a súa relación co xénero e o medio ambiente. Entre outras actividades, Llerena foi asesora da Xunta de Galicia e posteriormente dirixiu dúas empresas dedicadas á comunicación cultural. Desde fai máis de quince anos imparte obradoiros de comunicación para mulleres desde a perspectiva de xénero por todo o territorio galego, colabora con diversas organizacións feministas en temas de comunicación e habitualmente imparte conferencias sobre violencia de xénero, ecofeminismo e comunicación.

No 2018 publicou o libro Unha gota é un océano, destinado a divulgar e concienciar sobre a importancia da auga. Desde finais de 2018 é colaboradora no diario dixital praza.gal cunha columna de opinión mensual. De seguro que Llerena axudará ás persoas participantes a seren mellores comunicadores!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s