Festival Kerouac IX

kerouaclogo

Mañá comeza unha nova edición do Festival Kerouac, un interesantísimo evento de poesía, música e performance que se celebra a cabalo entre Vigo, New York e agora tamén, na Ciudad de México. Pero a parte principal do festival, que xa vai pola súa IX edición, será aquí ao lado, en Vigo, entre este xoves 3 e domingo 6 de outubro.

O Kerouac-Vigo articúlase como unha cita aberta e cosmopolita, que traballa para converter a poesía en tendencia e expoñente cultural da nosa comunidade. Trátase dun evento único no noroeste peninsular que vai crecendo co paso dos anos, unha cita moi especial para ver e escoitar diferentes expresións artísticas de carácter poético.

Nesta IX edición, o Kerouac volve a contar con artistas porriñeses. En concreto serán a escritora Beatriz Cabaleiro xunto co bailarín Daniel Rodríguez os que participen co seu proxecto conxunto de danza e poesía chamado “Danzar la voz”. Ambos os dous colaborarán no festival coa súa innovadora proposta artística, que terá lugar na Taberna do Náutico o domingo 6 de outubro entre as 12:00 e as 14:00.

Máis info: web Festival Kerouac

teaserbox_10487688

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s