Esta semana temos actividade para bebés dentro das sesións de animación á lectura da Contateca. Será o xoves 10 de outubro ás 18:00, e actuará a compañía Animar-T coa función Onde está o vento?
A Tareixa o que máis lle gusta no mundo é ver xirar aos seus muíños de vento, pero un día o vento desaparece. Para resolver o misterio e conseguir que volvan xirar, emprende unha longa viaxe en compaña do seu curmán Breixo, onde coñecerá e axudará a moitas personaxes vivindo milleiros de aventuras.
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 38 min.
Idade recomendada: 0-3 anos