O bibliotecario recomenda

recom

Tardes con Margueritte, de Marie-Sabine Roger (Duomo, 2009)

Recomendei este libro a ducias de persoas diferentes ao longo do tempo e sempre triunfou. Nunca houbo alguén a que non lle encantara. De feito, normalmente é o libro que escollo para recomendar á xente que non ten o vicio da lectura aínda inoculado no corpo.

Quizais porque se trata dunha historia alegre, profunda, e intelixente, escrita cunha prosa fluída: un verdadeiro pracer de lectura. E que, a maiores, trata sobre o amor á lectura e aos libros. E que o ten todo!

Germain ten corenta e cinco anos, é case analfabeto, fillo pouco querido e escolar humillado, e pasa o tempo facendo chapuzas e cultivando unha horta. Desconfía daqueles que estudaron, dos libros e das palabras complicadas. Pero unha tarde coñece no parque a Margueritte, unha ancián que sempre senta no seu banco favorito e comparte pasatempo: contar paxaros.

Entre eles nacerá unha xenerosa amizade. Margueritte é culta, e lle propón ler un libro en voz alta. Germain, por educación, acepta, e así descobre o mundo dos libros, a maxia da lectura e as deliciosas tardes que pode pasar en compaña de Margueritte.

Unha lectura deliciosa.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s