Actividades polo #DiaDasEScritoras

dia_das_escritoras

Hoxe 14 de outubro é o Día das Escritoras. Unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España que, desde o ano 2016, busca reivindicar a labor e o legado das escritoras ao longo da historia. Cada ano distintas institucións se suman á iniciativa, e na Biblioteca do Porriño tamén quixemos facelo.

Razón pola cal organizamos para esta semana e a seguinte dúas actividades concertadas con distintos colexios do concello, que xiran ao redor da igualdade de xénero e a visibilidade das mulleres artistas ao longo da historia, que moitas veces permaneceron ocultas debido á súa condición de mulleres.

Ambas actividades as organizamos no marco do programa da Xunta de Galicia, Ler conta moito, como actividades de dinamización da lectura que promoven a igualdade entre homes e mulleres e/ou  a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas públicas.

 

Obradoiro “Mulleres revolucionarias” (por Taller Abierto) o 16 de outubro

Destinado a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos. Obradoiro de creación plástica a partir da semblanza dunha serie de mulleres da historia da arte, a ciencia e a sociedade que tiveron a forza e a valentía para realizar cousas verdadeiramente impresionantes, loitando pola independencia e a igualdade.

As mulleres constitúen a metade da poboación mundial e a historia da humanidade está chea de mulleres que se atreveron a dar o primeiro paso para que os seus iguais sigan avanzado e rompan os esquemas impostos xeración, tras xeración. Neste obradoiro imos darlle vida a quen axudou a ampliar as fronteiras dos dereitos das mulleres, superando as diferenzas de xénero nun contexto nada doado.


 

Espectáculo de narración oral “Elas pintan moito” (por Migallas Teatro) o 23 de outubro

Sesión de contacontos dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. A partir da obra de diferentes pintoras e dos elementos que as inspiraron, como Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata a creación artística.

Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba. Tamén se anima a desenvolver as capacidades creativas sen ningún tipo de traba e de ideas preconcibidas.

logopactoestadocolorlogoler-conta-moito


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s