Este xoves 16 de outubro, ás 18:00 hai Contateca. Actuará a compañía Eduvía coa función Contos Dada o Duende.
O Duende Dada deleitaranos cun repertorio de contos marabillosos nos que se traballarán diferentes valores como a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente e o traballo en equipo. Unha divertida forma de fomentar o hábito lector entre os máis pequenos a través destes contos máxicos.
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 50 min.
Idade recomendada: 3-12 anos