Xa sabedes que na biblioteca do Porriño estamos moi implicados coa nosa cidadanía. Razón pola cal deseñamos e publicamos o “METROminuto do Porriño”, un plano de mobilidade a pé no centro da nosa vila.
O METROminuto mide as distancias entre puntos destacados do rueiro urbano, e o tempo medio que tardamos en desprazarnos a pé entre eles (nunha media de 5 km/h). Tamén funciona como plano, indicando a localización de lugares, servizos e outra información de mobilidade.
Para que sirve?
-Ao informar sobre as distancias e os tempos de desprazamento a pé, se desmitifica a idea que habitualmente temos sobre canto se tarda en chegar dun punto a outro. Sempre se tarda menos do que pensamos.
-Así, impúlsase a mobilidade peonil, contribuíndo a que a xente camiñe máis nos pequenos traxectos do medio urbano, substituíndo o desprazamento motorizado polo desprazamento a pé.
-Ao fomentar os desprazamentos a pé, promóvese a actividade física e as costumes non sedentarias.
-Deste xeito, o Metrominuto actúa como unha ferramenta que contribúe a difundir outras mensaxes transversais, como as relacionadas coa saúde propia, a protección do medio ambiente, a prevención do cambio climático ou a mellora do noso entorno vivencial.
-Todo elo a través dun medio simpático e amistoso, buscando o paralelismo cos planos de metro das grandes cidades.
Descarga o METROminuto do Porriño: