El verano que empieza, de Sílvia Soler (Planeta, 2013)
Penso nesta fermosa novela e me imaxino cenando con algúns amigos nun xardín do mediterráneo. Así é un pouco a historia deste libro, unha emotiva e luminosa novela que trata o delicado equilibro entre a felicidade e o desalento. A traxedia e a esperanza. Unha historia fermosa, mediterránea e reconfortante que nos achega ás almas duns personaxes inesquecibles marcados para sempre por un destino caprichoso.
Júlia e Andreu son dúas persoas unidas antes do nacemento pola estreita relación de amizade que une ás súas nais. Ambas familias levan máis de trinta anos celebrando xuntos a noite de San Xoán no xardín dos Balart. A pesar dalgúns desencontros, os seus camiños sempre avanzaron en paralelo, coñeceron xuntos o amor e o desamor, a ledicia e a decepción. Andreu e Júlia buscarán o equilibrio entre as súas axitadas experiencias, que atoparán nos pequenos detalles que nos ofrece a vida.
Unha novela gañadora do Premio Ramon Llull no 2013, escrita orixinariamente en catalán e traducida por un escritor moi na liña do libro: Alejandro Palomas.