Wiki-maratón

wiki

Desde a Biblioteca do Porriño organizamos e convocamos un wiki-maratón para o próximo luns 4 de novembro. Trátase dun evento de edición colectiva e simultánea en Wikipedia, aberto ao público, no que persoas con distintos niveis de experiencia reúnense para mellorar ou crear artigos, utilizando para iso fontes previamente recompiladas que son facilitadas por unha institución que dinamiza a sesión.

Os obxectivos desta actividade formativa son:

  • Aprender a editar na Wikipedia. Aínda que nos ocuparemos das wikis en xeral, neste obradoiro centrarémonos nas políticas propias e no libro de estilo da Galipedia, a wikipedia en galego.
  • Edición colectiva e simultánea en Wikipedia.

A actividade desenvolverase nunha sesión única de 4 horas de duración, que terá lugar na Biblioteca do Porriño o luns 4 de novembro entre as 16:00 e as 20:00 horas.

Para participar non é necesario saber editar previamente na Galipedia, pero si que se precisarán coñecementos previos de informática e internet a nivel usuario/a. Por outra banda, recomendamos que traiades os vosos propios equipos informáticos. No caso que non teñades aínda unha conta na Wikipedia, axudarémosvos a activar e editar unha.

Trátase dun obradoiro para un grupo reducido de persoas. É necesario inscrición previa (de forma presencial na biblioteca, ou a través do teléfono 986337624) e a condición de socio/a da rede de bibliotecas de Galicia. Como sempre, terán preferencia as persoas empadroadas no Porriño.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s