Esta semana hai Contateca! O xoves 7 de novembro temos unha nova actuación de contacontos dentro do noso programa de animación á lectura. Será ás 18:00, e actuará a compañía Juste Kamishibai coa coa función As historias viaxeiras: kamishibai e teatro de papel.
Unha montaxe onde se interpretan contos e lendas de todos os continentes e historias propias que teñen como obxecto inculcar unha serie de valores relacionados coa cooperación, a igualdade, a concienciación ambiental e o interese pola lectura. Combina a manipulación do kamishibai e a técnica de luz emaki (teatro tradicional xaponés), escenarios despregabres pop-up e revisións persoais do teatro de papel.
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 50 min.
Idade recomendada: 4-11 anos