Animación á lectura con Trinke-Trinke

ratocanguro

Nova sesión de contacontos na nosa Contateca! Este xoves 21 de novembro temos animación á lectura para bebés da man da compañía Trinke-Trinke, coa obra Rato canguro. Como sempre, será ás 18:00 horas.

O rato Fuco visita a biblioteca na compaña dun bebé ao que ten que coidar (en Lonxedetodo, comunidade igualitaria onde viven os ratos e ratas de biblioteca, os coidados son cousa de tod@s!). Uns amigos van de esmorga e el comprometeuse a ocuparse do seu fillo, o cochiño Cochín. Daralle a merenda, cambiaralle o cueiro e pasará unha divertida tarde con el. Ah! Tamén haberá contiños de porquiños, os favoritos de Cochín.

Entrada libre ata completar aforo
Duración: 40 min.
Idade recomendada: 3-12 anos


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s