25N: libros para educar a nenas empoderadas

logodia

Hoxe celebramos o 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. E desde a Biblioteca do Porriño queremos facelo como sempre: con libros. Porque a lectura pode ser unha das mellores armas contra esta lacra social, propoñemos un repertorio de libros infantís que contribúen a crear unha sociedade máis igualitaria. Moitos deles amosan referentes femininos nos que mirarse, espellos para que as nenas de hoxe sexan as mulleres do futuro, empoderadas, orgullosas e libres.

Velaquí a nosa proposta de lecturas. Todas están á vosa disposición na biblioteca do Porriño.


pioneirasPioneiras: galegas que abriron camiño, de Anair Rodríguez ; ilustracións de Nuria Díaz (Edicións Xerais, 2018)

A historia de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.

 


pioneiras2Pioneiras 2: galegas que abriron camiño, de Anair Rodríguez ; ilustracións de Abi Castillo (Edicións Xerais, 2019)

O segundo volume de Pioneiras, fala de máis mulleres donas de si. Galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legaron ás novas xeracións.

 


cuentos buenasCuentos de buenas noches para niñas rebeldes, de Elena Favillo y Francesca Cavallo (Destino, 2017).

Este libro narra as extraordinarias vidas de 100 mulleres valentes, a ademais, conta coas ilustracións de 60 artistas de todo o mundo. Científicas, astronautas, levantadoras de pesas, xuízas, chefs… cen exemplos de determinación e audacia para as mulleres que soñan en grande. Porque todas as nenas deberían crecer pensando que poden chegar a ser o que elas queiran.


cuentos buenas 2Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2, de Elena Favillo y Francesca Cavallo (Destino, 2018).

Despois do éxito do primeiro libro en todo o mundo, o segundo reúne cen novos exemplos de determinación e audacia para as nenas que soñan ao grande. Unha selección de personaxes realizada coas aportacións da grande comunidade de lectoras deste fenómeno de #niñasrebeldes, retratadas polas 70 ilustradoras máis importantes do mundo.


las chicas son

Las chicas son guerreras : 26 rebeldes que cambiaron el mundo, de Irene Cívico y Sergio Parra ; ilustrado por Nuria Aparicio (Montena, 2018)

Aínda que non o pareza, porque a historia foi escrita por homes, a historia está chea de mozas guerreiras que conseguiron cousas incribles, pero que polo feito de ser mulleres non tiveron o recoñecemento que se merecían. Nas páxinas deste libro encontramos as historias de 25 rebeldes que cambiaron o mundo, mulleres que demostraron que para ser unha moza guerreira soamente se necesita plantarlle cara á vida.


grandes mujeres

Grandes mujeres que cambiaron el mundo, de Kate Pankhurst (Anaya, 2018)

A historia de trece mulleres extraordinarias que lograron cousas alucinantes seguindo o que lles dicía o corazón, o seu talento e os seus soños. As historias de grandes mulleres que axudaron a configurar o mundo no que vivimos.

 


clara Clara Campoamor : el primer voto de la mujer, de Raquel Díaz Reguera (NubeOcho, 2019)

Conto infantil que narra a loita de Clara Campoamor para conseguir o dereito de voto para as mulleres. Da man dunha líder de vendas e unha gran voz sobre o xénero na literatura infantil.

 


las princesasLas princesas también se tiran pedos, de Ilan Brenman y Ionit Zilberman (Algar, 2018)

Á pequena Laura ten unha dúbida moi importante despois dunha longa discusión na clase sobre Cincenta. O seu amigo Marcelo confesoulles que a famosa e delicada princesa tirábase moitos peidos. Afortunadamente, o pai de Laura, a quen lle gustan os libros e as boas historias, posúe o libro segredo das princesas, onde Laura atopará as respostas a todas as súas preguntas.


portada ROSARosa caramelo, de Adela Turín (Kalandraka, 2016)

Illada no seu xardín, Margarita é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa cor de rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle este aspecto, por fin descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.

 


el niñoEl niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa, de Patricia Fitti (Destino, 2019)

Un berro á liberdade dos nenos e nenas. Que os patróns de xénero da sociedade non sepulten a súa creatividade e a súa personalidade. Non hai xogos de nenos e xogos de nenas: hai cousas que gustan e cousas que non gustan.

 


pequena

Colección “Pequeña & Grande” (Algar Editorial)

Colección de contos e biografías coa que nenas e nenos descubrirán quen eran e que lograron algunhas das mulleres máis importantes da historia contemporánea. Pintoras, deseñadoras, aventureiras, científicas… Mulleres únicas e marabillosas das que aprender e coas que identificarse. Mulleres que converteron un pequeno sono nunha gran historia. Mulleres de antes que poden inspirar ás nenas de agora.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s