Nova sesión de contacontos para bebés na nosa Contateca! Este xoves 12 de decembro actuará a Compañía Migallas Teatro coa función “Un berce cheo de contos”. Como sempre, será ás 18:00 horas.
Chega a hora de durmir pero Chispa non ten sono. Meu pobre, non para de chorar… Teremos que contarlle uns contos e arrolalo para o sono chamar. Un berce cheo de contos é unha actividade para bebés a partir de seis meses na que se conxuga a tradición oral, os álbumes ilustrados e a música en directo.
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 30 min.
Idade recomendada: 0-3 anos