O bibliotecario recomenda

IMG_20191230_142440167_BURST000_COVER_TOP

Los asquerosos, Santiago Lorenzo (Blackie Books, 2018)

A estas alturas da vida, recomendar a Santiago Lorenzo non ten nada de orixinal, porque se ten convertido nun dos autores máis lidos e recomendados do Estado, dende hai bastante tempo. Pero como se trata de ofrecer recomendacións persoais, peco de pouco orixinal e me permito o luxo de recomendar esta espléndida novela a estas alturas da vida, e ao pouco de rematar o ano.

A historia está protagonizada por Manuel, un mozo que acoitela en Madrid a un policía antidisturbios que quería pegarlle. Para fuxir das consecuencias do seu acto, Manuel agóchase nunha aldea abandonada no medio do páramo, nun deses sitios fantasmas da “España vaciada”. Alí sobrevive a base de lecturas, os vexetais que recolle nos arredores, e unha pequena compra periódica que lle envía o seu tío, cómplice no asunto. Aínda que Manuel agóchase por necesidade ao principio, pronto descubrirá os praceres desa vida de Robinson Crusoe que leva, e darase de conta que canto menos ten, menos necesita.

Unha novela tremendamente divertida, como todas as de Santiago Lorenzo, con esa linguaxe propia do autor, rematadamente ben escrita e con moita sustancia. “Los asquerosos” fai que consideremos a sanidade e hixiene moral desta sociedade na que vivimos, que cada vez máis se deixa levar pola comodidade e a falla de crítica.

Mencionar que o protagonista da historia ten moito que ver co seu autor. Santiago Lorenzo, que nos noventa foi un exitoso e premiado cineasta, tamén o abandonou todo no seu día para vivir apartado nunha aldea de Segovia, no medio da nada.

Enlace ao catálogo


One thought on “O bibliotecario recomenda

Deixa unha resposta a Armand Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s