Entrando xa no 2020 é hora de facer avaliación do ano pasado, e as cifras da nosa actividade non poderían ser máis optimistas. Batemos máximas en case todos os indicadores. Por exemplo no que respecta aos datos de préstamo de exemplares, quizais o mellor indicador de éxito para unha biblioteca pública.
En préstamos seguimos a manter unha tendencia alcista que comezamos hai anos. Tanto é así que volvemos a alcanzar records históricos, con 26.610 préstamos realizados no 2019. Esta cifra probablemente nos volva a situar na cabeza das bibliotecas galegas que máis prestan per cápita.

Destacar, ademais, que non soamente batemos records anuais, senón tamén mensuais: todos os meses do ano alcanzamos máximas. É dicir, o mes de xaneiro foi o xaneiro con máis préstamos da nosa historia, e o de febreiro, marzo…
Máis datos: agora prestamos máis nun so mes do que prestabamos hai unha década durante todo o ano. Uns datos impresionantes, ¿a que si?