O próximo xoves 23 de xaneiro ás 19:00 horas, no noso auditorio, a Biblioteca do Porriño organiza unha charla sobre “Como favorecer o desenvolvemento visual ao inicio e durante toda a vida”. A relatora será a óptica-optometrista Lucila To García-Miranda. A conferencia será de entrada libre ata completar aforo.
“Existen no mundo 217 millóns de persoas con problemas visuais” Informe da OMS sobre a visión.
“1 de cada 4 rapaces non é diagnosticado ou é mal diagnosticado”. International Journal of Disability, Development and Education, 2014
“A afectación crónica tratable máis común durante a infancia é a
capacidade visual”. Informe National Comission on Vision and Health
Todos estes datos evidencian sobre a necesidade de informar a sociedade para reducir estas cifras e iniciar a prevención na primeira infancia por parte de todos os axentes implicados.
O desenvolvemento do ser humano depende de múltiples factores: os xenéticos, os ambientais e os familiares. Cunha boa información e educación podemos actuar sobre todos os factores ambientais e familiares, e esta debe ser parte da misión dos profesionais sanitarios. Pódense realizar estímulos dende o comezo da vida, pero algúns deles é preciso evitalos antes de que o sistema visual estea suficientemente organizado e desenvolvido.
A visión está implicada en todas as áreas da nosa vida, a educación, a saúde, o deporte, o rendemento laboral, etc., por iso a Organización Mundial da Saúde determina que “a responsabilidade na detección precoz e a estimulación non recae só nos profesionais do ámbito da saúde visual, oftalmólogos, ópticos-optometristas ou pediatras. A responsabilidade recae en toda a sociedade, desde nais, pais e titores, pasando por educadores, adestradores e todo aquel profesional implicado nas actividades da primeira infancia”.
A conferencia está enmarcada dentro do noso Proxecto Bibliosaúde.
Trátase dunha conferencia dunha hora co obxectivo de compartir a importancia da información social para unha óptima estimulación e con iso concienciar sobre a prevención e o coñecemento desde a casa.
- Que se pode facer desde a casa?
- Que se pode facer desde a gardería?
- Que podemos facer os profesionais, nais e pais?
- Que estímulos debemos favorecer?
- Que estímulos debemos evitar?
Lucila To García-Miranda
- Óptica-opt
ometrista especializada en terapia visual baixo unha filosofía comportamental e de desenvovlemento, con máis de 25 anos de experiencia clínica.
- Máster en Dirección e Xestión de Recursos Humanos.
- Membro da Xunta Directiva de SIODEC (Sociedade Científica de Optometría do Desenvolvemento).
- Formadora en programas de optometría clínica.
- Destaca a importancia de establecer pontes entre profesionais e pertence ao equipo docente do concepto TMPI (Terapia Manual Pediátrica Integrativa) con dous programas de formación avanzada, visión escoita e aprendizaxe TMPI e comunicación en TMPI.
- Autora do Manual para su primera estimulación visual. Aurum Volatile, 2019.
- Directora clínica do Centro de Optometría e Terapia Lucila To en Andorra.