De que morremos no Porriño?

morte

Un non quere morrer, pero resulta interesante coñecer de que o faremos, probablemente. Acaba de publicarse o novo “Atlas Nacional de Mortalidade en España”, que analiza as mortes rexistradas por localidade entre 1989 e 2014 (10 millóns de defuncións), para amosar os riscos e as causas máis probables de morte para cada concello do Estado.

Os datos do Porriño reflicten que andamos aí aí, máis para alá que para aquí, na zona media-alta da táboa. E con respecto aos demais, temos un alto risco de morte por neumonía (+24%), cancro de esófago (+23%) e accidentes de tráfico (+23).

Por outra banda, as primeiras 15 causas de morte máis importantes do noso concello son, por esa orde:

  1. Arteriosclerose
  2. Accidentes de tráfico de vehículos de motor
  3. Caídas accidentais
  4. Tumor maligno do esófago
  5. Neumonía
  6. Tumor maligno do estómago
  7. Outras enfermidades del sistema xenitourinario
  8. Outras enfermidades del sistema respiratorio
  9. Outras enfermidades del corazón
  10. Enfermidade vascular intestinal
  11. Paro cardíaco, morte sen asistencia e outra causa descoñecida de mortalidade
  12. Trastornos mentais orgánicos, senil y presenil
  13. Outros accidentes
  14. Suicidio y lesiones auto inflixidas
  15. Tumor maligno do pancreas

Tamén podedes consultar un interesante mapa de visualización a nivel nacional no xornal El País.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s