Sección Biblioterapia

biblioterapia

Xa está dispoñible na biblioteca a nova sección “Biblioterapia”.

A biblioterapia consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico (libros de autoaxuda) ou de desenvolvemento (novelas). Recórrese a ela principalmente para apoiar o tratamento de trastornos mentais e problemas emocionais e para promover a saúde mental. Acceder a este tipo de libros pode axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como a mellorar o seu benestar.

Debido aos beneficios probados destas lecturas, na Biblioteca do Porriño creamos unha nova sección bibliográfica formada por 142 recomendacións de lectura (libros de autoaxuda, psicoeducación, novelas e obras de non ficción) para apoiar o proceso terapéutico de trastornos e problemas moi variados. Entramos así a formar parte do proxecto “Biblioterapia” promovido pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede Galega de Bibliotecas.

Trátase dunha lista coidadosamente seleccionada de libros recomendados por profesionais da saúde mental, expertos en literatura e pacientes. Os libros, reunidos nun estante específico no vestíbulo da nosa biblioteca, poden retirarse normalmente presentando o carné de usuario/a. Ademais, na páxina web de Bibliosaúde do Sergas tedes máis información e fichas coas referencias dos libros, breves resumos e contidos enriquecidos sobre os mesmos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s