O bibliotecario recomenda

nenos

Os nenos da varíola, María Solar (Galaxia, 2017)

Recomendo esta novela da compostelán María Solar por varias razóns. A primeira: trátase dunha novela histórica moi entretida ambientada en Galicia. A segunda: expóñenos un dilema ético con moita chicha, que dará bastante para debater cos vosos achegados. E terceira: introdúcenos na historia médica das vacinas, un invento revolucionario que leva salvado a vida de millóns de persoas e que nos últimos tempos está sendo incriblemente cuestionado por certos círculos de persoas (malo cando a ignorancia pretende impoñerse sobre a ciencia…).

“Os nenos da varíola” narra en clave de novela unha das historias máis fascinantes, colosais e filantrópicas da humanidade: a expedición do doutor Balmis (e os seus colaboradores e colaboradoras) para vacinar contra a enfermidade da varíola a maior cantidade de xente posible en todo o planeta. Cabe mencionar que o libro soamente conta a primeira parte da historia: a correspondente á preparación da primeira viaxe. Invítovos a que vos informedes da continuación desta aventura, porque é unha historia verdadeiramente fascinante.

O argumento: no orfanato da cidade da Coruña, no 1803, a vida das nenas e nenos transcorría entre penurias e fame. Ningún deles podía imaxinarse como ían cambiar as súas vidas coa chegada da expedición do rei Carlos IV, comandada polo doutor Balmis, que pretendía levar a vacina da varíola a América. ¡Eles serían os encargados de transportala no seu propio corpo! Aquela viaxe era a súa única escapatoria a un futuro incerto, pero non todos serían escollidos.

O tempo sepultou a historia destas crianzas e dunha das máis grandes xestas da medicina e da humanidade. Recuperar esa memoria é o mellor agradecemento que poderíamos ter con eles.

Enlace ao catálogo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s