Como sabedes, estaremos pechados ata novo aviso pola epidemia de COVID-19. Pero para calquera dúbida, consulta ou xestión podedes contactar connosco a través do email (biblioteca@oporrino.org) e responderemos normalmente.
Con respecto aos préstamos de exemplares, todos os préstamos con data de vencemento a partir do pasado venres 13 de marzo (día no que pechamos) quedarán automaticamente renovados. En principio por 15 días, e logo iranse renovando tamén automaticamente (non tedes que facer nada) a medida que se prolongue a situación.