Contidos online

contidos

É o momento de quedar na casa. É o único xeito de conter a expansión do virus e protexernos. Sabemos que pode resultar difícil nalgúns momentos, aburrido, incluso agoniante…  pero agora é necesario facelo. Éche o que hai.

Para axudarvos a levalo mellor, o biblioteca non pecha en internet, e traballa ofrecéndovos unha selección de contidos, lecturas e recursos online que de seguro farán máis levadeiro este necesario confinamento:

 

  • GaliciaLe: a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Accede coa túa conta da biblioteca a milleiros de libros, revistas, películas, etc. Para escoller, tes un catálogo en galego e outro en castelán (eBiblio).
  • Planeta de libros: coa iniciativa #KeepReadingEnCasa, a Editorial Planeta libera unha importante colección de bestsellers (público adulto e infantil) para a súa descarga libre e gratuita. Ademáis, organiza diversas actividades relacionadas coa lectura (entrevistas, vídeos, obradoiros…)

 

COMIC

El Vosque: acceso libre a todos aos cómics de esta webcómic en español guionizada por Morán e debuxada por Laurielle.

Vicente Cifuentes: publica en Dropbox as tres entregas do seu cómic ‘Murderville’, un cómic de terror financiado por scrowd-funding sobre un pobo maldito.

Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego: plataforma da Asociación de Tradutores Galegos que ofrece en galego obras da literatura universal libres de dereitos, para descargar gratuitamente en formato PDF.

Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: plataforma dixital de acceso librea un extenso catálogo coas obras máis destacadas da tradición literaria española e hispanoamericana, ademais de recursos bibliográficos para o seu mellor coñecemento crítico e histórico.

Biblioteca Dixital Hispánica: portal libre e gratuito de documentos da Biblioteca Nacional de España. Libros, manuscritos e documentos de todo tipo e de toda a historia de España.

Europeana: biblioteca dixital europea de acceso libre. Reúne coleccións dixitalizadas de toda Europa (tamén os contidos da colección galega Galiciana e da española Hispana) con libros, xornais, películas, arquivos sonoros, mapas…

Biblioteca Dixital Mundial: biblioteca internacional creada pola UNESCO que ofrece de forma gratuita contidos culturais de todo o mundo a través dos fondos dixitais de ducias de bibliotecas.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s