GaliciaLe é a plataforma de contidos dixitais da Rede de Bibliotecas de Galicia. Ofrece libros electrónicos, revistas, audiolibros, películas e documentais online para todas as idades a través do 2 catálogos: un catálogo de contidos en galego, e outro catálogo de contidos en castelán (eBiblio).
A plataforma proporciona un servizo de préstamo temporal de exemplares, que poden ser consultados a través do navegador en calquera dispositivo compatible (móbil, tablet, PC, ebook reader…) ou, no caso dos libros, descargalos para ser lidos en modo local.
FORMA DE ACCESO
- Si xa es socia/o da Rede de Bibliotecas de Galicia: accede co teu número de carné da biblioteca (o que aparece na túa tarxeta) e contrasinal.
- Si non es socio/a: como medida excepcional durante a pandemia do COVID-19, podes rexistrarte a través deste enlace, e cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné.
- Se esqueciches o teu contrasinal: segue este procedemento para restablecelo
CONDICIÓNS DE PRÉSTAMO:
- 2 libros por cada un dos catálogos (galego e castelán), por prazo de 21 días.
- 1 revista do catálogo en castelán por prazo de 3 días.
- 1 película do catálogo galego por prazo de 48 horas. As películas visiónanse en streaming.
*existe a posibilidade de facer renovacións e reservas.
Vídeo formativo para coñecer GaliciaLe
APP DE eBIBLIO
Tamén podes acceder á nosa plataforma de contidos dixitais en castelán (eBiblio) a través dunha app para os teus dispositivos móbiles.
Así, desde o teu móbil/tablet poderás navegar polo catálogo, realizar préstamos e reservas, ler online e descargar libros para ler sen conexión a internet. Poderás cambiar ao teu gusto o formato de lectura, o tipo e tamaño da fonte, ademais de axustar o brillo, o entreliñado, subliñar o texto e realizar notas.
Podes enlazar ata un máximo de 6 dispositivos diferentes, iniciando a lectura en calquera deles e continuando noutro diferente retomándoa no punto exacto no que a deixaras.
- Vídeo formativo: https://youtu.be/CsE1N7wkkwM
- Descarga a app (Android): https://play.google.com/store/apps/details?id=es.odilo.ebiblio&hl=es
Vídeo formativo sobre a app de eBiblio