“Fábrica de ritmos” é un obradoiro online en aberto para aprender a contar contos de forma diferente e orixinal.
A través de vídeos, os profesionais da Fundación Germán Sánchez Ruipérez ofrecen algunhas claves elementais para escoller unha boa historia e animar as narracións.
O obradoiro está dirixido principalmente a nais e pais, pero tamén a docentes dos primeiros ciclos educativos e a calquera con inquietudes de narrador oral.