Preparándonos para abrir

preparandonos

Co inicio da Fase 1 de desconfinamento, o Goberno acaba de permitir a apertura de bibliotecas con estritas medidas de seguridade e moitas limitacións nos servizos (por exemplo, prohibición de contacto coa colección, prohibición de estudo nas salas…).

Na biblioteca temos moitas gañas de abrir as portas, porén, cremos que aínda non se dan as condicións de seguridade oportunas para facelo. As especiais características dos nosos servizos, como o uso colectivo de espazos cerrados e o intercambio de libros, esixen un exercicio de máxima responsabilidade, e estamos a traballar modificando as nosas instalacións, servizos e protocolos para ofrecer o maior grao de seguridade para as persoas.

As cousas hai que facelas rápido, pero sobre todo hai que facelas ben cando temos nas mans a responsabilidade de protexer a saúde da nosa comunidade. Por iso estamos a traballar para abrir no futuro cos máis altos estándares de protección, e que a biblioteca siga a ser, como sempre, un lugar seguro para todos e todas.

 


Nota informativa da Concellería de Cultura:

avisoimg


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s