23 de xullo, re-Día do Libro

Dia do libro

Este xoves 23 de xullo o sector do libro reúnese para celebrar o Día do Libro. Xa, xa sabemos que a conmemoración anual é o 23 de abril (data da morte de Cervantes, Shakespeare ou Garcilaso, entre outros e outras autoras), pero como este ano tivo que suspenderse pola crise do coronavirus, recupérase para esta semana, sobre todo arredor do mundo editorial e das librarías.

Como sempre, no Día do Libro teredes oportunidade de gozar de diferentes actividades e descontos pola compra de libros nas librarías. Aproveitade entón para encher de libros os vosos estantes, e botade unha necesaria man ás librarías para tratar de reactivar o seu mercado nun contexto tan difícil no que moitas xa non puideron reabrir as súas portas.

Porque #TodoComezaNunhaLibraría. A industria do libro constitúe o primeiro sector cultural do Estado e conta cun valioso tecido de servizos aos cidadáns formado, principalmente, por estes pequenos establecementos que garanten a pluralidade e a diversidade da nosa sociedade. Así que animamos a comprar, como mínimo, un libro nas nosas librarías locais este xoves 23 de xullo.

Librarías do Porriño:

Libraría Paz.
R/ Ramón González, 3. Tel. 986 331 311. libreria-paz@dismac.es

Libraría Recondo.
R/ Ramón González 11. Tel. 986 331 314. info@libreriarecondo.com. @librerecondo

Libraría Copi-Rey.
R/ Antonio Palacios 56. Tel. 886 099 161. info@copi-rey.com. @CopiRey

Tía Tata
R/ Ramón González 33. Tel. 986 330 192. tiatata@tiatata.es. @tenda.tiatata


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s