
Queremos facilitarvos as cousas para que poidades facer as vosas seleccións de lectura máis facilmente e, dado o contexto no que estamos, con todas as garantías de hixiene. Por iso apropiámonos da idea dos menús de moitos restaurantes e creamos estes carteis de códigos QR con distintas suxestións de libros da biblioteca.
Atoparedes os carteis por todo o edificio e tamén na porta de entrada, para que poidades facer a vosa selección de lecturas previamente e con tranquilidade antes de achegarvos ao mostrador de préstamo.
Seguro que xa estades acostumados a usar este tipo de códigos QR:
1. Abrides a app de fotos ou escáner do voso móbil
2. Escaneades o código correspondente
3. Consultades a selección de libros
Os códigos conducen directamente a listaxes do noso catálogo, onde poderes atopar máis info de cada libro, si están prestados ou dispoñibles, etc. Parécenos unha utilidade moi práctica, esperamos que lle saquedes partido.