
Condicións de uso actuais da biblioteca (Covid-19)
-As persoas usuarias deberán respectar en todo momento as normas hixiénicas e sanitarias en vigor, e as indicacións do persoal da biblioteca.
-É obrigatorio o uso de máscara, e do xel hidroalcohólico disposto na entrada.
-Especificamente deberán gardar unha distancia de seguridade mínima de 2 m.
-Os menores de 14 anos deberán ir acompañados dun adulto responsable en todo momento.
-O horario actual de apertura ao público da biblioteca é de 10.00 a 15.00 de luns a venres. O horario da sala de estudo (R/ Domingo Bueno 13) é de 8.30 a 14.00 e de 15.00 a 20.30 de luns a venres.
-Os servizos bibliotecarios actualmente activos son información, préstamo e devolución de exemplares no mostrador de atención. Tamén o estudo na sala de estudo.
-O acceso directo ás salas da biblioteca e a manipulación directa da colección non están permitidos.
-As persoas que vaian chegando ao mostrador de atención irán formando unha fila única, respectando as marcas do chan e a distancia de seguridade.
-Recoméndase non usar o ascensor. En todo caso está reservado para persoas con cadeiras de rodas, carriños de bebés, maiores ou mulleres embarazadas. Haberá que facelo de forma individual, e evitar tocar nada máis que o botón necesario.
Condicións de seguridade na biblioteca (Covid-19)
-A biblioteca conta cun protocolo de actuación planificado para facer fronte á crise do Covid-19, co obxectivo de garantir a máxima seguridade e protección da súa comunidade.
-Están establecidas unhas condicións excepcionais de limpeza e desinfección en todas as instalacións, materiais e colección, que cumpren coas normas en vigor.
-Todo o persoal bibliotecario está formado e informado sobre as normas hixiénicas e sanitarias necesarias, e velará polo seu cumprimento.
-Todo o persoal conta cos equipos e materiais de protección necesarios, e está obrigado a usalos en todo momento.
-Os exemplares devoltos son illados e almacenados por lotes nunha sala pechada, e sométense a unha corentena de 7 días. Desta forma, a biblioteca garante a súa desinfección total. Isto fará máis lento o procedemento: pregamos comprensión.
-Os exemplares que van a ser prestados están totalmente desinfectados. Ningunha persoa ten acceso á colección, e os exemplares soamente son manipulados polo persoal bibliotecario no momento do préstamo.