Novas coleccións manga

Mangas

Temos dúas interesantes incorporacións na Comicteca. Trátase das coleccións best-sellers de “Guardianes de la noche” (9 volumes) e “One Punch-Man” (20 volumes), dúas das series mangas con máis éxito da historia.

Guardianes de la noche (ou Kimetsu No Yaiba), de Koyoharu Gotouge, narra a vida de Tanjirô, un agradábel vendedor de carbón que cambia por completo o día que descobre que un demo asasinou á súa familia. A súa irmán Nezuko sálvase, pero faino convertida nunha criatura demoníaca. Entón, Tanjirô iniciará unha viaxe para tratar de curar a Nezuko e vingarse do demo culpable da desgraza familiar.

One Punch-Man, con guión de One e debuxo de Yusuke Murata, conta a historia de Saitama, un superheroe tan forte que derriba a calquera clase de monstro dun golpe. A lenda do heroe máis poderoso e apático da historia! Da man dun carismático e amateur mangaka de internet e dun debuxante excepcional, One Punch-Man é un fascinante manga de acción que non deixa indiferente a ninguén.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s