
Acabamos de incorporar un novo servizo na biblioteca: unha caixa de devolución no exterior do edificio. A partir de agora poderedes devolver nela os vosos exemplares prestados durante ás 24 horas do día os 7 días da semana, con toda a comodidade e con independencia da apertura da biblioteca.
A caixa está situada diante do edificio, ao carón da praza de aparcamento reservada para as usuarias e usuarios da biblioteca, para que sexa máis cómoda a devolución se vides en vehículo.
Pensamos que se trata dun servizo útil para a nosa comunidade, e aínda máis nesta época de distanciamento social que esperemos que remate axiña. Ademais, é moi chula.

Que guay!
Mañana mismo la usamos
GústameGústame