
No mes de decembro produciuse un cambio a nivel estatal, na plataforma tecnolóxica que soporta eBiblio, a colección de ebooks en castelán da Rede de Bibliotecas de Galicia. Desde aquela estanse a producir algunhas incidencias, corrixíndose erros e realizando melloras que podedes consultar aquí.
Aproveitamos para comunicar que a app xa está dispoñible en galego. Para escollelo, tan só é preciso que os usuarios vaian a “Axustes de dispositivo” do seu móbil ou tablet e escollan o idioma galego.
Queremos informar agora da solución a dous problemas específicos que as nosas usuarias e usuarios nos están a comunicar.
Lectura coa app de eBiblio (en dispositivos móbiles)
Será necesario desinstalar a antiga app de eBiblio e descargar a nova app desde Apple Store (dispositivos iOS) ou desde Google Play (para dispositivos Android).
Lectura con Adobe Digital Editions (en PC, Mac o eReader)
Os ID de Odilo xa non teñen validez. Si estabas usando un para ler os libros descargados de eBiblio Galicia, necesitarás un novo ID de Adobe e realizar as seguintes accións:
1. Abrir Adobe Digital Editions.
2. Para borrar a autorización do antigo ID de Odilo, abrir o despregable “Axuda” que se encontra na parte superior esquerda e premer en “Borrar autorización”.
3. Introducir as credenciais do ID de Odilo (número de carné de biblioteca no campo “ID de proveedor” e a contrasinal no seu campo correspondente) e premer no botón “Continuar”

4. Pechar Adobe Digital Editions e volver a entrar.
5. Para autorizar o equipo co ID de Adobe Digital Editions, abrir o despregable “Axuda” que se encontra na parte superior esquerda e premer en “Autorizar equipo”.
6. Escoller o proveedor “Adobe ID” e introducir as credenciais do ID de Adobe Digital Editions. No caso de non ter credenciais, o usuario pode crealas premendo no enlace “Crear ID de Adobe”. Si xa as ten, pero non recorda a contrasinal, pode recuperala desde o enlace “Olvidé mi contraseña”.

Nos seguintes enlaces poderás ampliar información sobre:
Cómo crear un ID de Adobe: https://helpx.adobe.com/eres/manage-account/using/create-update-adobe-id.html#CómoadministrarvariosAdobeID
Cómo recuperar as credenciais do ID de Adobe: https://helpx.adobe.com/eres/manage-account/using/change-or-reset-password.html