
Temos unha nova sección na biblioteca, unha opción máis para que poidades escoller a vosa próxima lectura. Podedes atopala nas ventás da sala de consulta.
Na sección Os + prestados ofrecemos unha selección das novelas máis prestadas na Biblioteca do Porriño desde o ano 2019 ata a actualidade. Os 95 libros en galego e castelán que máis interesaron á nosa comunidade de lectoras e lectores durante os últimos anos. Quédache algún deles por ler?
Tamén podedes consultar no noso catálogo os títulos da sección a través desta lista.