Préstamo de portátiles e tablets

Agora na biblioteca prestamos portátiles e tablets. Xa sabedes que tanto na biblioteca como na sala de estudo tedes á vosa disposición conexión wifi de banda ancha libre e gratuíta. Pero agora, ademais, nas dependencias da biblioteca poderás tomar en préstamo ordenadores portátiles e tablets para conectarte a internet ou traballar.

As normas de uso deste especial servizo de préstamo son as seguintes:

-Para facer uso do servizo hai que ser maior de 18 anos e persoa socia da Rede de Bibliotecas de Galicia, presentando a correspondente tarxeta.

-Cada persoa poderá dispor dun ordenador por quenda durante un periodo de 4 horas (renovables en función da dispoñibilidade) durante o horario de apertura da biblioteca. Non está permitida a reserva de equipos.

-Os equipos deberán permanecer en todo momento dentro das salas da biblioteca e ser devoltos no mostrador ao persoal da biblioteca. Durante o préstamo a persoa será responsable da súa custodia e mantemento.

-A persoa usuaria é responsable de devolver o equipo nas mesmas condicións nas que o recibiu, sen instalar ningún software, eliminando todos os documentos creados ou descargados durante a súa sesión. A biblioteca poderá eliminar calquera arquivo existente despois de ser devolto.

-A persoa usuaria é responsable do uso correcto da súa conexión a internet, sen acceder a recursos de contido ilegal, pornográfico ou inaxeitado. O persoal da biblioteca poderá interromper o préstamo en calquera momento si considera que se está a facer un uso inapropiado do portátil ou da conexión.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s