Ciclo Cinema “Capitanes de abril”

| Venres 23 de abril. 2021
| Ás 19:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Aforamento limitado de 50 persoas
| Inscricións do venres 16 ao xoves 22 de abril, ás 00:00 horas, a través do correo: rebobinacineclube@gmail.com

Organiza: Rebobina Asociación Cultural. Colabora: Concello do Porriño


Título orixinal: Capitães de abril
Ano: 2000
Duración: 123 min.
País: Portugal
Directora: María de Medeiros
Guion: Ève Deboise e María de Medeiros
Música: Antonio Vitorino D’Almeida
Fotografía: Michel Abramowicz
Interpretación: Stefano Accorsi, María de Medeiros, Joaquim de Almeida, Frédéric Pierrot, Fele Martínez, Manuel João Vieira, Marcantonio Del Carlo, Emmanuel Salinger, Rita Durão, Manuel Manquiña, Duarte Guimarães, Manuel Lobão, Luis Miguel Cintra, Joaquim Leitão, Canto e Castro.
Produtoras: Co-production Portugal-Francia-España-Italia; Alia Film, Arte France Cinéma, Canal+ España.
Xénero: Drama, histótico.


Sinopse:
Na noite do 24 ao 25 de abril de 1974, suboficiais do exército portugués inician unha sublevación contra a ditadura de Oliveira Salazar. A súa xesta pasará á historia como “a revolución dos caraveis”. A película recrea a historia do capitán Salgueiro Maia, un dos protagonistas do levantamento militar.


Inscricións para a asistencia á proxección

Desde o venres 16 ata o xoves 22 de abril, ás 00:00 h., as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo rebobinacineclube@gmail.com indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer reserva dunha cadeira o día da proxección do filme, levando control do aforamento e poder contactar en caso de que xurda algún gromo da Covid-19.

No caso de non completarse aforamento coas reservas enviadas ao correo electrónico, completarase coas persoas que se acheguen o día da proxección, recollendo, igualmente, os datos de nome, apelido e teléfono de contacto.


Ciclo Cinema, “Dirección de mulleres”

Desde a concellería de cultura iniciamos, este 26 de febreiro, un ciclo de proxeccións de películas, da man de Rebobina Asociación Cultural, os últimos venres de mes no Centro cultural municipal, ás 19:00 h. cun aforamento máximo de 50 persoas.

O proxecto “CICLO DE CINEMA” consiste nun espazo cultural aberto onde se oferta cinema á veciñanza porriñesa e da contorna para a divulgación das actividades audiovisuais como expresión artística.

Vai dirixido ás persoas interesadas en entender a linguaxe audiovisual, sensibilizándoas en distintas temáticas de interese xeral, como son: ecoloxía, feminismo, memoria histórica, medio ambiente, etc., creando un colectivo público que non sexan só espectadores, senón que, co intercambio de opinións e reflexións, construír unha visión crítica.

Ao finalizar cada proxección, como actividade complementaria pero esencial, haberá un foro que propicie o intercambio de opinións, reflexións, ideas, un diálogo sobre a análise do filme en si mesma e da proposta temática, alentado pola asistencia de persoas convidadas relacionadas ou co filme ou coa temática.

Programación:

  • Venres 29 de xaneiro de 2021: “Planes para mañana” de Juana Macías. 2010. España. 96’. >> Evento adiado, atendendo ás limitacións impostas pola Xunta de Galicia fronte á propagación da COVID-19. [ + info ]
  • Venres 26 de febreiro de 2021: “Lejos de ella” de Sarah Polley. 2006. Canadá. 110′. [ + info ]
  • Venres 26 de marzo de 2021: “Camino de la cruz” de Dietrich Brüggemann. 2014. Alemaña. 107’.
  • Venres 23 de abril de 2021: “Capitanes de abril“ de María de Medeiros.
    2000. Portugal. 123’.
  • Venres 28 de maio de 2021: “Penélope” de Eva Vila. 2017. España. 90’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s