Exposición “A poesía do retrato”

| Do 6 ao 30 de maio. 2021
Vestíbulo do Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Aforo restrinxido por protocolo covid

| Inauguración: xoves 6 de maio, ás 19:00 h. Con inscrición previa

O xoves 6 de maio inaugurase a exposición “A poesía do retrato”, unha reunión de retratos realizados por Xulio Gil en diferentes épocas de Xela Arias, emparellados con fragmentos da poesía dispersa de Xela Arias.


Inauguración

Exposición fotográfica “A poesía do retrato”

A inauguración será o xoves 6 de maio, ás 19:00 h., no vestíbulo do Centro Cultural Municipal. Iniciarase coa actuación da pianista Brais González Pérez (pequena bio máis abaixo). Á presentación asistirán: Eva García de la Torre, Alcaldesa do Porriño; Xulio Gil, fotógrafo; Marga do Val, escritora; Pepe Puga, da editorial Engaiolarte; Brais González, compositor… Finalizará o acto cunha visita a exposición.

A inscrición para asistir ao evento de inauguración estará aberta desde o 29 de abril ao 5 de maio, a través do seguinte enderezo electrónico: cultura@oporrino.org, indicando os seguintes datos:

  • Indicar en asunto: “Exposición A Poesía do Retrato”
  • Nome e apelidos de cada asistente
  • Número de teléfono

Xulio Gil

Xulio Gil

Ourense, 1954. Veciño de Vigo, matemático e fotógrafo galego. De pai vigués, viviu a infancia e a adolescencia na Rúa Aragón da cidade de Vigo. Estudou Enxeñería para logo pasar a Matemáticas. En Santiago de Compostela coñeceu ao arqueólogo Antón Rodríguez Casal, que lle transmitiu a paixón pola prehistoria que o levou a comezar a relación co mundo da arte.

Expuxo por primeira vez en 1976 na Praza da Princesa de Vigo. Ten obra súa a Colección Afundación e o Museo de Pontevedra. Foi premio da Crítica en Artes Plásticas e Visuais no ano 2013.

En 1992 casou coa poeta Xela Arias, con quen en 1994 tivo un fillo, Darío, separándose no ano 2002.


Brais González

O pianista Brais González actuará na inauguración da exposición.

Brais González

Brais González naceu en Vigo en 1987 e comeza os seus estudos de piano na súa cidade natal cos profesores Aleksandras Jurgelionis, Aldona Dvarionaité, e Ricardas Biveinis, co quen tamén estuda composición. Continúa a súa formación na Universidade Mozarteum de Salzburgo (Austria) baixo a supervisión do pianista Rolf Plagge, completando tamén os seus estudos nos Conservatorios Superiores de Vigo e Oviedo. Completou a súa formación con profesores e concertistas como Oxhana Yablonskaya (Juilliard School de New York), Vitaly Margulis (UCLA), Galina Egiazarova (Escola Superior de Musica Reina Sofia), Luiz de Moura Castro (Hartford School), Jun Kanno, Niklas Sivelov, Leonel Morales, Julius Andrejevas, Rina Dokshitsky, Carles Marqués, Vlad Dumilescu e Luis Fernando Pérez.

En 2013 é premiado na XVIII edición do Concurso Internacional Cidade de San Sebastián. En 2012 obtén o premio ‘Gregorio Baudot’ no XXVI Concurso Internacional Cidade de Ferrol. Tambén foi galardoado co premio especial da Fundación Musical de Málaga á mellor interpretación de música española no ano 2010. En 2006 obtén o primeiro premio na categoría absoluta do Concurso Internacional “Real Club Náutico de Vigo”. Tamén acadou premios no X Concurso Internacional Ricard Viñes de Lleida (2004), I Concurso Asociación Gallega de Intérpretes (2004), XII Concurso Internacional Maria Campina (Portugal, 2004), Concurso Alto-Minho (Portugal) (2003), e IV Concours International de Piano Nikolai Rubinstein de París (1999).

Actuou como solista en diversas cidades de España, así como en Portugal, Francia, Austria e Alemaña. Centrado na súa labor como pianista acompañante e músico de cámara, o seu traballo en diferentes agrupacións levouno a estar presente nos principais festivales galegos e a actuar tamén en Holanda, Bélxica, Noruega, Polonia, Lituania, Letonia, Estonia, Eslovaquia, Hungría, Serbia, Reino Unido e Italia. Ofreceu recitales de cámara xunto a solistas internacionais como Rusanda Panfili, Dana Zemtsov, Marcelo Nisinman ou Erik Mirzoyan.

Como compositor, as súas obras sinfónicas foron interpretadas por distintas orquestas galegas e portuguesas e dirixidas polos mestres Javier Viceiro, Christopher Bochmann e Iminas Kucinskas. Foi Director Artístico do colectivo artístico afincado en Málaga “Bramnova” e actualmente é fundador e compositor de “Caspervek”, formación adicada a musicalizar cinema mudo en directo coa que actuou nunha ducia de países europeos. Colaborou escribindo a música para distintos espectáculos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e con outros colectivos teatrais como CinemaSticado.

Dende 2019 é membro de Bórea, proxecto que intenta achegar a música de cámara ás novas tecnoloxías e ó mundo dixital.

Dende 2017 co-dirixe o programa de radio online “Anónimo IV” adicado á investigación e divulgación musical xunto á musicóloga Erea Carbajales.


Marga do Val

A escritora Marga do Val asistirá á inauguración da exposición.

Marga do Val

Marga do Val (Marga Romero Lorenzo), Vigo, 1964. Profesora de lingua e literatura galega con destino no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Foi lectora de lingua e literatura galega na Universidade de Trier (Alemaña) (1995-2000). Foi Vicepresidenta da Asociación Galego-Alemá. É Directora do Instituto de Estudos Mártires de Sobredo.

Escritora, cultiva todos os xéneros literarios e ten publicados entre outras as seguintes obras:

  • Narrativa xuvenil:
    O Prognóstico da lúa (1997).
    Tizita e Sabela na procura: Castro e Castrelos. Historias para coñecermos Vigo (2016), Mundo Detrás del Marco.
  • Biografía:
    Carolina Otero, A Nosa Terra, 2001.
  • Poesía:
    Entre dunas,(En colaboración con Paula de Lemos), Espiral Maior, (2000).
    A cidade sen roupa ao sol, Espiral Maior (2010) Premio da Crítica Española.
  • Teatro Representado:
    Aurora Rodríguez e a súa moneca de carne, estreada en 2002 pola compañía Teatro Arte Livre.
    Belle Otero, O corpo que fala, estreada en 2002 pola compañía Teatro Arte Livre.
    Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart, en 2007 pola compañía Teatro Arte Livre.
    Lorca e as flores de Venus, en 2011, pola compañía El Producións Artísticas.
  • Tradutora:
    Cousas da rapazada, de Peter Bichsel. Asinado co nome de Marga Romero e en colaboración con Joachim Wormuth, Alfaguara, 1998. (Do alemán ao galego).
    A casa da paixón, de Nélida Piñón, Galaxia, 2006. (Do portugués ao galego).
    Randea do Alento, de Herta Müller, Edicións Xerais, 2010. Premio á mellor tradución pola AELG.
  • Crítica Literaria/ Xornalismo Literario e de opinión:
    Foi columnista no desaparecido semanario A Nosa Terra.
    Asinou unha sección mensual co título de “E-pistola-río” no semanario Sermos Galiza.
    Columnista semanal en Nós Diario
    Forma parte da plataforma de crítica feminista A Sega.

Exposición fotográfica “A poesía do retrato”
Exposición fotográfica “A poesía do retrato”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s