
Despois dun ano de parón por culpa da pandemia, volve a V Feira do Libro a ocupar a praza de A. Antonio Palacios no Porriño, desde o 27 ata o 30 de maio, organizada pola Federación de Librarías de Galicia e o Concello do Porriño, e adaptada ás esixencias da normativa actual de celebración deste tipo de eventos.
É unha cita, ineludible, para fomentar á lectura de toda a veciñanza do Porriño e a contorna, así como visibilizar e impulsar o pequeño comercio deste sector tan castigado pola covid. Coma xa é tradición, contaremos coa sinatura de libros por parte de autoras e autores de recoñecido prestixio, e con novos valores literarios como son o noso pregoeiro juáncho, autor de “ Na procura do medo esquecido” e Anabel Antela autora da “Lingua galega no sector téxtil”