Ciclo Cinema “Penélope”

| Venres 28 de maio. 2021
| Ás 20:30 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Aforamento limitado de 50 persoas
| Inscricións do venres 21 ao xoves 27 de maio, ás 00:00 horas, a través do correo: rebobinacineclube@gmail.com

Organiza: Rebobina Asociación Cultural. Colabora: Concello do Porriño


Penélope

Título orixinal: Penélope
Ano: 2017
Duración: 90 min.
País: España
Directora: Eva Vila
Guion: Pep Puig e Eva Vila
Música: Juan Sánchez “Cuti”
Fotografía: Julián Elizalde
Interpretación: Carme Tarte Vilardell, Ramon Clotet Sala…
Produtoras: Araki Films, Eurimages, ICIC, ICAA, PolandStudio e Televisión de Galicia (TVG)
Xénero: Drama


Sinopse:
Versión elíptica e crepuscular da Odisea de Homero. A Penélope desta historia chámase Carmen, ten o carácter dunha xeración dura pero sentida, e espera en Santa María de Oló. O Ulises é Ramón, que regresa ao pobo tras trinta anos de ausencia. Un último viaxe cuxo fin, máis aló do vivido, é o regreso a unha patria e a un modo de vida que se extinguirá con eles.



Ciclo Cinema, Dirección de Mulleres. Proxección do filme: Penélope

Inscricións para a asistencia á proxección

Desde o venres 21 ata o xoves 27 de maio, ás 00:00 h., as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo rebobinacineclube@gmail.com indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer reserva dunha cadeira o día da proxección do filme, levando control do aforamento e poder contactar en caso de que xurda algún gromo da Covid-19.

No caso de non completarse aforamento coas reservas enviadas ao correo electrónico, completarase coas persoas que se acheguen o día da proxección, recollendo, igualmente, os datos de nome, apelido e teléfono de contacto.


Ciclo Cinema, “Dirección de mulleres”

Desde a concellería de cultura iniciamos, este 26 de febreiro, un ciclo de proxeccións de películas, da man de Rebobina Asociación Cultural, os últimos venres de mes no Centro cultural municipal, ás 19:00 h. cun aforamento máximo de 50 persoas.

O proxecto “CICLO DE CINEMA” consiste nun espazo cultural aberto onde se oferta cinema á veciñanza porriñesa e da contorna para a divulgación das actividades audiovisuais como expresión artística.

Vai dirixido ás persoas interesadas en entender a linguaxe audiovisual, sensibilizándoas en distintas temáticas de interese xeral, como son: ecoloxía, feminismo, memoria histórica, medio ambiente, etc., creando un colectivo público que non sexan só espectadores, senón que, co intercambio de opinións e reflexións, construír unha visión crítica.

Ao finalizar cada proxección, como actividade complementaria pero esencial, haberá un foro que propicie o intercambio de opinións, reflexións, ideas, un diálogo sobre a análise do filme en si mesma e da proposta temática, alentado pola asistencia de persoas convidadas relacionadas ou co filme ou coa temática.

Programación:

  • Venres 29 de xaneiro de 2021: “Planes para mañana” de Juana Macías. 2010. España. 96’. >> Evento adiado, atendendo ás limitacións impostas pola Xunta de Galicia fronte á propagación da COVID-19. [ + info ]
  • Venres 26 de febreiro de 2021: “Lejos de ella” de Sarah Polley. 2006. Canadá. 110′. [ + info ]
  • Venres 26 de marzo de 2021: “Camino de la cruz” de Dietrich Brüggemann. 2014. Alemaña. 107’.
  • Venres 23 de abril de 2021: “Capitanes de abril“ de María de Medeiros.
    2000. Portugal. 123’.
  • Venres 28 de maio de 2021: “Penélope” de Eva Vila. 2017. España. 90’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s