
Comezan as actividades do Festival de Cans 2021. O próximo xoves 2 de setembro, ás 20.30 horas, o festival presentará no noso edificio a estrea mundial do filme “Donde acaba la memoria”, de Pablo Romero-Fresco, coa presenza do director e do protagonista Ian Gibson. O famoso hispanista de orixe irlandés e nacionalizado español é especialista en historia contemporánea española, moi coñecido polos seus libros sobre a vida de distintos personaxes españois (Lorca, Dalí, Machado, Buñuel…), a guerra civil e a ditadura franquista.
É un honor ter a Gibson por aquí, e aproveitamos para recomendar a lectura dos seus libros. De seguido, ofrecemos unha selección da súa obra presente na biblioteca do Porriño:
–Vida y muerte de Federico García Lorca (Ediciones B, 2018)
–La berlina de Prim (Planeta, 2012)
–Ligero de equipaje: la vida de Antonio Machado (Aguilar, 2006)
–El asesinato de García Lorca (Plaza & Janés, 1985)
–Paracuellos: cómo fue (Argos Vergara, 1983)
–En busca de José Antonio (Planeta, 1980)
–La noche en que mataron a Calvo Sotelo (Plaza & Janés, 1986)
