Congreso Nacional de Bibliotecas

A Biblioteca Municipal do Porriño está participando estos días no X Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas, organizado polo Ministerio de Cultura en Las Palmas.

Co título de “El desafío de la transformación” , ao longo de tres días responsables de políticas bibliotecarias, xestores de bibliotecas, profesionais do mundo académico e, por suposto, profesionais das bibliotecas debatirán arredor de distintos temas.

As bibliotecas públicas levan anos inmersas nun proceso de transformación profunda como consecuencia tanto dos grandes avances tecnolóxicos como dos complexos cambios sociais. Pero desde a chegada da pandemia por COVID-19 as bibliotecas tiveron que adaptarse con rapidez para potenciar os seus servizos virtuais, renovando os que xa tiñan e implementando outros novos, para poder continuar coa súa labor esencial.

A partir dos retos asociados ao contexto actual e ao futuro das bibliotecas tras o final da crise sanitaria, as e os profesionais das bibliotecas públicas debatiran neste congreso sobre a definición dun novo paradigma das bibliotecas e a busca dun equilibrio entre os servizos físicos e virtuais.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s