Novo número do Almanaque Agrícola ZZ

Novo número do “Almanaque Agrícola ZZ”, e xa van 68 anos ininterrompidos desta publicación porriñesa. Recordamos que desde a biblioteca fixemos unha investigación sobre esta singular publicación que podedes consultar neste enlace. Índice da edición de 2020: – Identificación e trazabilidade nos produtos fitosanitarios. – Rescatando anacos do pasado: o Loureiro. – Rescatando un anaco … More Novo número do Almanaque Agrícola ZZ

Conferencia sobre desenvolvemento visual

O próximo xoves 23 de xaneiro ás 19:00 horas, no noso auditorio, a Biblioteca do Porriño organiza unha charla sobre “Como favorecer o desenvolvemento visual ao inicio e durante toda a vida”. A relatora será a óptica-optometrista Lucila To García-Miranda. A conferencia será de entrada libre ata completar aforo. “Existen no mundo 217 millóns de … More Conferencia sobre desenvolvemento visual

Proxecto Bibliosaúde

A Biblioteca do Porriño ten destacado nos últimos tempos polo desenvolvemento de programas formativos que a reafirman como espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social. Neste contexto foron numerosas as accións postas en marcha no pasado, buscando incidir cada ano nun aspecto determinado desta a súa vocación social. Para o 2020 a Biblioteca do Porriño … More Proxecto Bibliosaúde

Contos para o Nadal

Chega o Nadal (e as vacacións escolares do Nadal), e que mellor que celebralo con boas lecturas. Desde a biblioteca ofrecémosche  unha variada selección de contos con temática de Nadal que poderás atopar na biblioteca do Porriño. Consulta a nosa selección de contos de Nadal no seguinte enlace.  

Sesión de animación á lectura pola igualdade

Este xoves 19 teremos a derradeira sesión de contacontos da nosa Contateca 2019. Actuará Raquel Queizás coa función “Travesías”, arredor dos valores da igualdade. Como sempre, será ás 18:00 horas. Faremos viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir alcanzar os seus sonos. Agora poderemos … More Sesión de animación á lectura pola igualdade