Atendemos por email

Como sabedes, estaremos pechados ata novo aviso pola epidemia de COVID-19. Pero para calquera dúbida, consulta ou xestión podedes contactar connosco a través do email (biblioteca@oporrino.org) e responderemos normalmente. Con respecto aos préstamos de exemplares, todos os préstamos con data de vencemento a partir do pasado venres 13 de marzo (día no que pechamos) quedarán … More Atendemos por email

Peche da biblioteca

Por indicacións do Concello do Porriño, e segundo recomendación dos organismos públicos, desde mañá 13 de marzo ata novo aviso a biblioteca e o Centro Cultural do Porriño permanecerán pechados como medida de prevención ante a propagación do COVID-19. Tamén quedan canceladas todas as actividades programadas ata novo aviso. Os exemplares que actualmente se atopen … More Peche da biblioteca

Conferencia “Cómeo a bicos”

ACTIVIDADE CANCELADA O próximo xoves 12 de marzo ás 19:00 horas, no noso auditorio, a Biblioteca do Porriño organiza a conferencia-coloquio “Cómeo a bicos: guía práctica para acompañar ao teu bebé no seu desenvolvemento”, dentro do ciclo Bibliosaúde. O relator será Iñaki Pastor, fisioterapeuta experto en pediatría e desenvolvemento. A conferencia será de entrada libre … More Conferencia “Cómeo a bicos”

Concurso “O ollo de vidro” 2020

Este ano a Biblioteca do Porriño volve a colaborar no concurso “O ollo de vidro”, proxecto impulsado polo Festival de Cans que xa vai pola súa V edición. Trátase dun certame que pretende fomentar entre a cidadanía hábitos lectores, utilizando a lectura como fonte de información, aprendizaxe e enriquecemento persoal, ao mesmo tempo que se … More Concurso “O ollo de vidro” 2020

O bibliotecario recomenda

Os nenos da varíola, María Solar (Galaxia, 2017) Recomendo esta novela da compostelán María Solar por varias razóns. A primeira: trátase dunha novela histórica moi entretida ambientada en Galicia. A segunda: expóñenos un dilema ético con moita chicha, que dará bastante para debater cos vosos achegados. E terceira: introdúcenos na historia médica das vacinas, un … More O bibliotecario recomenda

Sección Biblioterapia

Xa está dispoñible na biblioteca a nova sección “Biblioterapia”. A biblioterapia consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico (libros de autoaxuda) ou de desenvolvemento (novelas). Recórrese a ela principalmente para apoiar o tratamento de trastornos mentais e problemas emocionais e para promover a saúde mental. Acceder a este tipo de libros pode axudar a … More Sección Biblioterapia

Novo número do Almanaque Agrícola ZZ

Novo número do “Almanaque Agrícola ZZ”, e xa van 68 anos ininterrompidos desta publicación porriñesa. Recordamos que desde a biblioteca fixemos unha investigación sobre esta singular publicación que podedes consultar neste enlace. Índice da edición de 2020: – Identificación e trazabilidade nos produtos fitosanitarios. – Rescatando anacos do pasado: o Loureiro. – Rescatando un anaco … More Novo número do Almanaque Agrícola ZZ