Nova sección: Recursos web

Temos unha nova sección na nosa web: Recursos web. Poderás atopala no menú de “Colección dixital”. Trátase dunha selección de recursos en internet aos que podedes acceder de forma aberta e gratuíta: bibliotecas virtuais, plataformas de ebooks e contidos infantís. Para elaborala, recolleitamos todos aqueles recursos máis interesantes que fomos difundindo durante os meses de … More Nova sección: Recursos web

Toda a info sobre GaliciaLe

A biblioteca ofrece a súa colección dixital a través de GaliciaLe, plataforma de contidos dixitais da Rede de Bibliotecas de Galicia. Poderás atopar ebooks, revistas, audiolibros, películas, documentais, etc de temáticas diversas (ficción, informática, historia, ocio etc.), para todas as idades e coa posibilidade de acceso en streaming ou descarga. GaliciaLe ofrece unha colección de … More Toda a info sobre GaliciaLe

Novas coleccións manga

Temos dúas interesantes incorporacións na Comicteca. Trátase das coleccións best-sellers de “Guardianes de la noche” (9 volumes) e “One Punch-Man” (20 volumes), dúas das series mangas con máis éxito da historia. Guardianes de la noche (ou Kimetsu No Yaiba), de Koyoharu Gotouge, narra a vida de Tanjirô, un agradábel vendedor de carbón que cambia por … More Novas coleccións manga

Condicións de uso actuais (COVID-19)

Condicións de uso actuais da biblioteca (Covid-19) -As persoas usuarias deberán respectar en todo momento as normas hixiénicas e sanitarias en vigor, e as indicacións do persoal da biblioteca. -É obrigatorio o uso de máscara, e do xel hidroalcohólico disposto na entrada. -Especificamente deberán gardar unha distancia de seguridade mínima de 2 m. -Os menores … More Condicións de uso actuais (COVID-19)

E agora que leo?

Estamos renovando a nosa páxina web para mellorar toda a información e os servizos online que vos podemos ofrecer a través dela. Entre eles está a selección de lecturas. Debido ás circunstancias actuais, pensamos que é importante que podades descubrir e escoller as vosas próximas lecturas antes de vir á biblioteca. Así que no novo … More E agora que leo?

Selección: Lecturas inclusivas

Propoñemos unha interesante selección de lecturas inclusivas para crianzas. Trátase de libros con historias de nenos e nenas con capacidades múltiples ou que por algunha razón son diferentes á maioría. A literatura infantil tamén conforma un espazo de representación social. Como moitos discursos culturais, as súas formas de construír as realidades apóianse nas ideoloxías dominantes. … More Selección: Lecturas inclusivas

Apertura da sala de estudo do Concello do Porriño

APERTURA DA SALA DE ESTUDO  DO CONCELLO DO PORRIÑO O vindeiro martes 9 deste mes, a Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira abre as portas da primeira sala de estudo do concello, situada nas instalacións do centro cívico na rúa Domingo Bueno 13. Este novo espazo vén complementar á biblioteca municipal, coñecida polo seu … More Apertura da sala de estudo do Concello do Porriño