Contos e outras andrómenas

Nova sesión de contacontos na nosa Contateca! Este xoves 28 de novembro teremos entre nós a Pedro Brandariz, coa función Contos e outras andrómenas. Como sempre, será ás 18:00 horas. Trátase dun espectáculo de narración oral composto por tres historias, protagonizadas por unha pantasma, un paraugas e un parrulo. Historias rescatadas da tradición oral que son … More Contos e outras andrómenas

25N: libros para educar a nenas empoderadas

Hoxe celebramos o 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. E desde a Biblioteca do Porriño queremos facelo como sempre: con libros. Porque a lectura pode ser unha das mellores armas contra esta lacra social, propoñemos un repertorio de libros infantís que contribúen a crear unha sociedade máis igualitaria. Moitos deles … More 25N: libros para educar a nenas empoderadas

Animación á lectura con Trinke-Trinke

Nova sesión de contacontos na nosa Contateca! Este xoves 21 de novembro temos animación á lectura para bebés da man da compañía Trinke-Trinke, coa obra Rato canguro. Como sempre, será ás 18:00 horas. O rato Fuco visita a biblioteca na compaña dun bebé ao que ten que coidar (en Lonxedetodo, comunidade igualitaria onde viven os ratos e ratas de … More Animación á lectura con Trinke-Trinke

Wiki-maratón

Desde a Biblioteca do Porriño organizamos e convocamos un wiki-maratón para o próximo luns 4 de novembro. Trátase dun evento de edición colectiva e simultánea en Wikipedia, aberto ao público, no que persoas con distintos niveis de experiencia reúnense para mellorar ou crear artigos, utilizando para iso fontes previamente recompiladas que son facilitadas por unha … More Wiki-maratón

Contacontos en inglés

Este xoves hai Contateca. Olliño, que a función será media hora máis tarde do habitual: xoves 31 ás 18:30. Teremos connosco á porriñesa Beatriz Alonso Cabaleiro cunha actividade de contos interactivos en inglés. Hey  there,  it´ s  storytime!  Leremos un conto ilustrado e realizaremos actividades plásticas relacionadas cos nosos personaxes favoritos mentres cantamos cancións infantís … More Contacontos en inglés