Curso de lingua de signos

Ao longo do 2019 a Biblioteca do Porriño desenvolverá un amplo programa de actividades relacionadas coa “aprendizaxe permanente”. Trátase de accións formativas non académicas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do cidadán no plano laboral, social e persoal para afrontar as necesidades dun presente sempre cambiante. Unha destas actividades que poremos en marcha a partir … More Curso de lingua de signos

Alfabetización dixital para maiores

Os cursos de alfabetización dixital para maiores da Biblioteca do Porriño están pensados para a formación no uso das tecnoloxías da información e comunicación para poboación adulta en risco de exclusión dixital: é dicir, para persoas maiores con escasos coñecementos sobre o uso de ordenadores. Trátase de cursos personalizados, para grupos reducidos dun máximo de … More Alfabetización dixital para maiores

Grupos de conversación en inglés 2019

¿Non che interesa practicar o teu inglés oral, cun titor profesional e de forma gratuíta? Pois no 2019 repetimos cos grupos de conversación en inglés. Trátase dunha actividade que pretende o perfeccionamento do inglés a nivel oral para os participantes, a través dun grupo de conversación guiado e reducido. Non son clases de idioma, senón … More Grupos de conversación en inglés 2019

Proxección documental “Santa liberdade”

Este venres 26 de outubro, temos unha actividade moi especial na biblioteca. Proxectaremos o documental “Santa Liberdade” e posteriormente teremos un coloquio coa súa directora, a directora galega Margarita Ledo Andión. O acto comezará ás 19:00 horas no noso auditorio, con entrada libre ata completar aforo. Ledo Andión é cineasta, poeta e escritora, exiliada en … More Proxección documental “Santa liberdade”

Obradoiro de escritura creativa

Inscricións abertas para un novo “Obradoiro de escritura creativa”. Trátase dun obradoiro intensivo de iniciación á escritura centrado no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir, co que intentamos darlle un impulso a esas escritoras e escritores que levades dentro. O obradoiro será impartido pola recoñecida escritora Clara do Roxo, escritora … More Obradoiro de escritura creativa

A Biblioteca de pedagoxía, de Kalandraka

A “Biblioteca de pedagoxía” é unha colección notable sobre pedagoxía editada pola editorial Kalandraka, que de seguro resultará do máis interesante para nais/pais e educadores. Iniciada en outubro de 2016 e con catro obras publicadas ata o de agora, a colección está dirixida polo Catedrático de Historia da Educación na Universidade de Santiago de Compostela, … More A Biblioteca de pedagoxía, de Kalandraka

Exposición no Recuncho: Cociñar sen glute

Inauguramos exposición no Recuncho da biblioteca: “Cociñar sen glute”. Trátase dunha selección bibliográfica de obras relacionadas coa celiaquía e a cociña sen glute, que escollemos en colaboración con  ACEGA (Asociación de Celíacos de Galicia), ademais dunha selección de produtos alimenticios para celiacos. Todo elo dentro do programa “Cociñar sen glute”, que desenvolvemos xuntocon ACEGA. Trátase dun … More Exposición no Recuncho: Cociñar sen glute

Faladoiro sobre Casares con Gustavo A. Garrido

Dentro das actividades que realizamos ao redor do noso Club de Lectura, que se reúne os luns na Biblioteca do Porriño, o próximo día 10 de abril teremos unha especial, que será aberta a todo o público interesado non sendo necesario ser participante do club para facelo. Xa que este ano celebramos a figura de … More Faladoiro sobre Casares con Gustavo A. Garrido

Obradoiro de escritura creativa

Actividade: Obradoiro de escritura creativa Contido: escritura ¿Para quen?: poboación adulta ¿Cando?: 7, 8, 14 e 15 de xuño, de 18:00 a 20:00 horas.   Inscricións abertas para o “Obradoiro de escritura creativa”. Trátase dun obradoiro intensivo de iniciación á escritura centrada no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir, co que intentamos darlle … More Obradoiro de escritura creativa