Curso sobre ferramentas de Google

Ao longo do 2019 a Biblioteca do Porriño desenvolve un amplo programa de actividades relacionadas coa “aprendizaxe permanente”. Trátase de accións formativas non académicas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do cidadán no plano laboral, social e personal para afrontar as necesidades dun presente sempre cambiante. Hoxe presentamos e convocamos un Curso básico sobre ferramentas … More Curso sobre ferramentas de Google

Curso de lingua de signos

Ao longo do 2019 a Biblioteca do Porriño desenvolverá un amplo programa de actividades relacionadas coa “aprendizaxe permanente”. Trátase de accións formativas non académicas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do cidadán no plano laboral, social e persoal para afrontar as necesidades dun presente sempre cambiante. Unha destas actividades que poremos en marcha a partir … More Curso de lingua de signos

Alfabetización dixital para maiores

Os cursos de alfabetización dixital para maiores da Biblioteca do Porriño están pensados para a formación no uso das tecnoloxías da información e comunicación para poboación adulta en risco de exclusión dixital: é dicir, para persoas maiores con escasos coñecementos sobre o uso de ordenadores. Trátase de cursos personalizados, para grupos reducidos dun máximo de … More Alfabetización dixital para maiores

Grupos de conversación en inglés 2019

¿Non che interesa practicar o teu inglés oral, cun titor profesional e de forma gratuíta? Pois no 2019 repetimos cos grupos de conversación en inglés. Trátase dunha actividade que pretende o perfeccionamento do inglés a nivel oral para os participantes, a través dun grupo de conversación guiado e reducido. Non son clases de idioma, senón … More Grupos de conversación en inglés 2019

Abrimos inscricións para as novas actividades

Volvemos do verán para animarvos a participar no resto das actividades que a biblioteca ten programadas para o resto do ano. E abrimos inscricións para todas aquelas que requiran inscrición previa. Temos novas edicións dos grupos de conversación en inglés, alfabetización dixital para maiores, clubs de lectura infantís e de adultos, obradoiros de fotografía dixital, … More Abrimos inscricións para as novas actividades

Formación online do CeMIT-O Porriño

Hoxe dámoslle publicidade a unha serie de cursos que organizan desde o CeMIT do Porriño. Parécenos ben interesante a proposta do Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) da nosa localidade, un centro que ofrece os seus servizos dende o Multicentro de Torneiros. Trátase dun catálogo de cursos online gratuítos, con diploma acreditativo, a … More Formación online do CeMIT-O Porriño

Obradoiro de escritura creativa

Inscricións abertas para un novo “Obradoiro de escritura creativa”. Trátase dun obradoiro intensivo de iniciación á escritura centrado no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir, co que intentamos darlle un impulso a esas escritoras e escritores que levades dentro. O obradoiro será impartido pola recoñecida escritora Clara do Roxo, escritora … More Obradoiro de escritura creativa

Obradoiro de cociña sen glute

O 27 de maio se celebra o “Día Nacional do Celíaco”. A biblioteca do Porriño quere contribuír á sensibilización cara esta enfermidade, polo que organizamos, por segundo ano consecutivo, unha actividade destinada a aportar formación, información e ferramentas prácticas ás persoas celíacas do noso concello. Para iso, en colaboración con ACEGA (Asociación de Celíacos de … More Obradoiro de cociña sen glute