Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha festividade declarada pola ONU coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais, lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas. A … More Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Contacontos: Raposadas, de Raquel Queizás

Este xoves 14 de marzo ás 18:00 horas temos unha nova actividade dentro da programación da nosa Contateca. Actuará Raquel Queizás, coa función Raposadas. Raposadas consiste nunha selección de contos populares de tradición oral de Galicia. Os contos están protagonizados por animais personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o uso da intelixencia para … More Contacontos: Raposadas, de Raquel Queizás

Abrabebé: espectáculo para bebés na biblio

Este xoves ás 18:00 temos unha nova actuación dentro do programa de animación á lectura da Biblioteca do Porriño, A Contateca. Desta volta será un espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos de idade, que desenvolverá Carlos Coira, e titulado “Abrabebé“. Partindo dos libros que forman a colección “Conto cinco sentidos” da editorial OQO, … More Abrabebé: espectáculo para bebés na biblio

Caxoto Contacontos

Este xoves 7 de febreiro comezamos a programación da nosa Contateca. Actuará A trastenda dos contos, coa función Contos de medo que deixan durmir Trátase dun espectáculo para toda a familia onde aprenderemos a rirnos de nós mesmos. Achegarémonos ao medo desde a risa, desde a bondade duns personaxes, en principio, misteriosos. Un paseo ao longo da … More Caxoto Contacontos

Contateca: animación infantil á lectura 2019

Xa temos á vosa disposición a programación de animación á lectura na Biblioteca do Porriño para o ano 2019: A Contateca. Unha programación extensa con ata trinta actuacións ao longo do ano, coa que queremos redobrar o noso esforzo pola animación á lectura do noso Concello. Despois do gran éxito de público que tivemos o … More Contateca: animación infantil á lectura 2019

Os libros infantís máis prestados no 2018

Continuamos coa difusión dos datos que nos deixou o ano 2018 na biblioteca do Porriño. Se nun post anterior falabamos das novelas máis prestadas ao longo do ano, tócalle agora a quenda aos libros infantís que máis se prestaron na nosa biblioteca durante o 2018. Deixando de lado os DVDs infantís, que arrasan entre os … More Os libros infantís máis prestados no 2018

Biblioteatro: Tanxarina Títeres

O próximo xoves 27 de decembro, ás 18:00 horas, temos a última actuación dentro do noso ciclo Biblioteatro de 2018. Trátase de “Contaloucos” da compañía Tanxarina Títeres. Como sempre, será de entrada libre ata completar aforo. A idade recomendada da obra é a partir dos 7 anos. “Contaloucos” é un espectáculo tolo, tres tolos titiriteiros … More Biblioteatro: Tanxarina Títeres

Biblioteatro: “Pequena”, de Talía

Nova actuación dentro do programa de animación á lectura de Biblioteatro. O próximo xoves 29 de novembro, ás 18:00 horas, no auditorio da biblioteca actuará a compañía Talía Teatro, coa función “Pequena”. Un espectáculo para descubrir o grande que pode ser alguén pequeno e o pequenas que poden chegar a ser as grandes cousas, que casi … More Biblioteatro: “Pequena”, de Talía