Biblioteatro: “Contos nas orellas”, de Migallas Teatro

Este xoves 27 de setembro, ás 18:00 horas, volvemos cunha nova edición de Biblioteatro, a nosa programación de teatro infantil na biblioteca do Porriño. Nesta ocasión acompañaranos a compañía Migallas Teatro coa súa obra “Contos nas orellas“. Contos de risa, trasnos e carapuchiñas perfectos para os días de festa. A tradición oral da man da … More Biblioteatro: “Contos nas orellas”, de Migallas Teatro

Libros&Música nas Festas do Cristo

Xa está na rúa a programación das Festas do Cristo 2018, as festas patronais do Porriño. E entre toda a extensa serie de actos e actividades, pola parte que nos toca queremos destacar un par de eventos. Ademais doutros concertos, teatros e actividades para público infantil, queremos mencionar concretamente dous concertos nesa fantástica corrente de … More Libros&Música nas Festas do Cristo

Biblioteatro: Muiñada, de Galeatro

Este xoves vai chover. ¡Pero temos sorte porque hai unha nova actuación teatral na biblioteca! Trátase de “Muiñada”, da compañía Galeatro, que estarán connosco este xoves 31 de maio ás 18:00 horas no auditorio, dentro do ciclo Biblioteatro. Muiñada conta a historia de Sabela e Xacobe, que por un malentendido coa quenda se coinciden no muíño de … More Biblioteatro: Muiñada, de Galeatro

Teatro infantil con “Tío miseria”

Este xoves 26 de abril levaremos a cabo a terceira sesión do noso ciclo de teatro infantil. Nesta ocasión tócalle o turno a “Tio miseria” de Fantoches Baj. Tío Miseria é un espectáculo de monicreques de luva e variña, onde os personaxes son utensilios de cociña de uso cotián. A historia, creada a partir dos contos populares O Ferreiro … More Teatro infantil con “Tío miseria”

Teatro infantil: Pavillón Lino

Este xoves 22 de marzo levaremos a cabo a segunda sesión do noso ciclo de teatro infantil. Despois da actuación de Laranxus 7, da compañía Avento, o pasado febreiro, agora tócalle o turno á obra “Pavillón Lino”, da compañía de teatro Caramuxo. “Pavillón Lino” é unha trepidante comedia de variedades pola que desfilarán unha morea de pintorescos personaxes: … More Teatro infantil: Pavillón Lino

OQO filmes

Somos fans INCONDICIONAIS dos libros ilustrados da editorial OQO. Os súas publicacións arrasan entre os pequechos da biblio. Tamén entre as nais e os pais, ¡e entre nós!, que non podemos resistirnos a darlles unha lectura rápida mentres os estamos a catalogar. Parécenos que teñen unha calidade exquisita, e son un exemplo de que as … More OQO filmes