Novo número do Almanaque Agrícola ZZ

Novo número do “Almanaque Agrícola ZZ”, e xa van 68 anos ininterrompidos desta publicación porriñesa. Recordamos que desde a biblioteca fixemos unha investigación sobre esta singular publicación que podedes consultar neste enlace. Índice da edición de 2020: – Identificación e trazabilidade nos produtos fitosanitarios. – Rescatando anacos do pasado: o Loureiro. – Rescatando un anaco … More Novo número do Almanaque Agrícola ZZ

Feira do Libro

Xa está en marcha a Feira do Libro do Porriño. Trátase dun evento que organizamos por cuarto ano consecutivo e que este ano se celebrará entre o xoves 9 e domingo 12 de maio. Unha feira que poñemos en marcha xunto coa Federación de Librarías de Galicia co obxecto de darlle visibilidade ao libro e … More Feira do Libro

Videopresentación de Diego Giráldez

Moi agradecidos de que o escritor porriñés Diego Giráldez faga unha videopresentación para a Biblioteca do Porriño do seu novo libro e primeira novela, “Hotel para coleccionistas discretos” (Galaxia, 2019). Sen dúbida, Diego xa se ten convertido nunha das grandes figuras do panorama literario galego, e esta novela de seguro que consolidará a súa traxectoria como … More Videopresentación de Diego Giráldez

Presentación do libro sobre Palacios

Mañá xoves 14 de marzo, ás 20:00 horas no auditorio do Centro Cultural, presentarase o libro “Arquitectura rexionalista galega. A. Palacios, Gómez Román e outros“, un novo estudo sobre o arquitecto porriñés Antonio Palacios. A presentación correrá a cargo do seu autor, Xosé Ramón Iglesias Veiga, que ademais de ser un dos maiores especialistas sobre … More Presentación do libro sobre Palacios

Nova publicación do investigador porriñés Paz Antón

Incorporamos unha nova obra ao noso fondo local. Trátase de “A tradición oral en Salceda de Caselas“, do investigador porriñés Xosé Ramón Paz Antón, que se achegou á nosa biblioteca para doarnos dous exemplares desta a súa nova publicación. Trátase dun extenso estudo sobre o patrimonio inmaterial do concello veciño, editado pola Deputación de Pontevedra … More Nova publicación do investigador porriñés Paz Antón

Unha biblioteca no Porriño… no 1922?

  Atopamos un interesantísimo documento na nosa Sección Local. Nada menos que unha noticia sobre a creación dunha biblioteca no Porriño no ano 1922. O certo é que a nosa biblioteca finalmente abriríase un chisco máis tarde… no ano 1990, polo que non sabemos si esta nova sería un rumor ou unha posibilidade finalmente frustrada. O … More Unha biblioteca no Porriño… no 1922?