Presentación do libro sobre Palacios

Mañá xoves 14 de marzo, ás 20:00 horas no auditorio do Centro Cultural, presentarase o libro “Arquitectura rexionalista galega. A. Palacios, Gómez Román e outros“, un novo estudo sobre o arquitecto porriñés Antonio Palacios. A presentación correrá a cargo do seu autor, Xosé Ramón Iglesias Veiga, que ademais de ser un dos maiores especialistas sobre … More Presentación do libro sobre Palacios

Nova publicación do investigador porriñés Paz Antón

Incorporamos unha nova obra ao noso fondo local. Trátase de “A tradición oral en Salceda de Caselas“, do investigador porriñés Xosé Ramón Paz Antón, que se achegou á nosa biblioteca para doarnos dous exemplares desta a súa nova publicación. Trátase dun extenso estudo sobre o patrimonio inmaterial do concello veciño, editado pola Deputación de Pontevedra … More Nova publicación do investigador porriñés Paz Antón

As novelas máis prestadas do 2018

Agora que rematou o 2018 xa podemos empezar a realizar valoracións e estatísticas do noso servizo. Iremos publicando varias delas pouco a pouco para que vos fagades unha idea das nosas cifras, que son realmente espectaculares. Falando dos préstamos (¡máis de 23.000 préstamos no ano 2018!!!!), unha das estatísticas que vos resultará máis interesante é … More As novelas máis prestadas do 2018

Alfabetización dixital para maiores

Os cursos de alfabetización dixital para maiores da Biblioteca do Porriño están pensados para a formación no uso das tecnoloxías da información e comunicación para poboación adulta en risco de exclusión dixital: é dicir, para persoas maiores con escasos coñecementos sobre o uso de ordenadores. Trátase de cursos personalizados, para grupos reducidos dun máximo de … More Alfabetización dixital para maiores

Horario de Nadal

¡Aviso para navegantes! Durante as vacacións de Nadal nós continuaremos co horario normal da biblioteca: de luns a venres, de 08:30 a 20:30 en horario continuado. A biblioteca soamente pechará os días 24, 25, 31 de decembro, e 1 de xaneiro.